Coñece San Andrés de Teixido

Dise que vai de morto o que non foi de vivo, por iso é unha parada obrigatoria, polo menos, unha vez na vida.

Segundo a lenda, San Andrés estaba triste xa que o seu templo atopábase solitario en comparanza coa catedral de Santiago Apóstolo, polo que lle prometeron que se todos os mortais non acudían ao templo de vivos, faríano despois da súa morte en forma de insecto ou animal reencarnado.
Hoxe é o segundo centro máis visitado de peregrinaxe de toda Galicia.